Sinopse Millóns de galegos e galegas viviron durante séculos observando o mar ou traballando nel… e tamén poetizándoo. 'Polo mar abaixo vai…' é unha recompilación de cantigas que xiran ó redor do mar, presentándoo quer como eixo temático, quer coma escenario de feito ou depositario duns sentimentos. As 780 composicións presentadas foron recollidas en distintas colectáneas de literatura popular. Sabemos que aquí non están tódalas coplas do mar, que faltan moitas, pero esas podes recompilalas ti e enviárnolas a positivas@edicionspositivas.com