Esta publicación recolle a historia da vila de Ponteareas, os seus costumes, a cociña tradicional, os persoeiros, as bandas de música, o castelo de Sobroso, ou as festas populares, entre as que destaca a procesión do Corpus Christi… O Corpus de Ponteareas, festa declarada de Interese Turístico Internacional, deulle a Ponteareas sona mundial. As súas alfombras de flores recréanse en diversas cidades do mundo por mor de acontecementos de grande interese. Da cociña ponteareá son famosas as súas roscas, rosquillas e melindres, ademais da carne “arreglada”. Entre os seus persoeiros salientan: os músicos Reveriano Soutullo, Rogelio Groba, Hipólito Fernández e o gaiteiro Carreirola… Ponteareas sempre destacou pola súa tradición musical, de aí, as numerosas bandas musicais da zona. Cabe mencionar o toureiro Alfonso Cela “Celita”, que alternou cos máis famosos da primeira década do século XX. Fai referencia ás lendas do castelo de Sobroso, no monte Landín, do cal xa existe unha publicación sobre a súa vexetación editada pola Deputación de Pontevedra, Árbores e arbustos do castelo de Sobroso. Pódense atopar capítulos dedicados a San Miguel, patrón de Ponteareas, ós muíños, á vendima e ó viño, ós barbeiros, ás costureiras, ás lavandeiras… ata rematar con convento de San Diego de Canedo