Uns días antes do Nadal, Piero desapareceu. Estaba a papar a última das cinco pizzas que apostara manducar de golpe, cando a súa barriga fixo pufff e os ollos se lle pecharon. Desde ese momento, correu a voz de alarma en toda a Comunidade. Onde estaba Piero? Só a súa curmá Bárbara e tío Ted sabían que aquela desaparición non fora totalmente casual.