«Pronto hei de volver» é a historia de Rosario de Chiquinquirá, unha asasina a soldo, residente no infame barrio de Petare, que quere deixar atrás a vida que leva, malia estar convencida de que non existe o «ascensor social». Tamén é a historia de Castor Varela, que quixo ir mais nunca chegou a poñer un pé en Venezuela. E tamén a de Policarpo Luxilde, que foi sen querer e encargou a morte do Castor. Vidas cruceiro que só teñen a súa razón de ser na existencia das outras.