Proxecto Pomba Dourada

Autor
Miguel Vázquez Freire
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497826099
Idioma
Gallego
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
Colección
Fora De Xogo
12,15€

Sinopse Arno, ao baixar do aerobús, de volta da escola, atopou os vehículos da policía e as súas ambulancias aparcadas diante da súa casa. Soubo con total seguridade que naquela traxedia os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ao interior: “Comprendo como te sentes –díxolle o inspector Lesoto–, pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime”. ¿Que significaría a enigmática mensaxe, “Pomba Dourada”, que o pai de Arno deixara prendida no taboleiro? Arno tiña moito por descifrar… A presente edición de Proxecto pomba dourada, a primeira das novelas de Miguel Vázquez Freire, recupera unha unha obra de ciencia ficción que propón desbotar toda visión do futuro como a de algo en que se confunde a incapacidade que algúns teñen para imaxinalo, cunha incerteza xeradora de medos.