Que precisa un gato pequeno?

Autor
Natalia Shaloshvili
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788413433806
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
40
Formato
Cartoné
Traductor
Irina Stepanova
Ilustrador (portada)
Natalia Shaloshvili
Ilustrador (interior)
Natalia Shaloshvili
Dimensiones
195 x 240 cm
16,00€

Un álbum tenro e divertido protagonizado por un gato rebuldeiro con gana de aventura e afectos. Quen ten dous ollos pequenos, dúas orellas pequenas, unha boca chea de dentes pequenos e afiados, uns bigotes grandes, un corpo con manchiñas, catro patas con gadoupas e un rabo? Un gato! E todos os gatos precisan correr, ir e volver, sentir a chuvia ou o vento, pasar medo, estar tristes (só un anaco), ter un teito onde acubillarse e, sobre todo, alguén grande ou pequeno que os queira. Un novo traballo de Natalia Shaloshvili cun protagonista tenro e rebuldeiro co que lectores e lectoras se identificarán inmediatamente. Unha proposta ideal para a lectura compartida que transmite a importancia do xogo, a autonomía e a experiencia emocional na infancia, sen esquecer os afectos e o contacto cos outros, algo que necesitamos todos, grandes e pequenos.