Un divertido álbum sobre o crecemento e a resiliencia.
Rino xa non é un cágado e aprendeu a andar en bicicleta. Con todo, non está contento. Quere ir sen rodiñas e manter o equilibrio como o señor Renato, que leva o xornal debaixo do brazo, como a señora Adela, que carga coa compra sen caer, ou como Laureano, o carteiro, que reparte o correo por toda a cidade... Pero para andar sen rodiñas non lle abondará coa súa vontade, necesitará que alguén lle axude.
Unha historia sobre a importancia da vontade e da resiliencia como elementos fundamentais no proceso de aprendizaxe e de crecemento, aínda que tamén sobre a relevancia da axuda colectiva e da solidariedade. Unha obra con moito humor e imaxes cheas de detalle protagonizada por animais humanizados, coa cidade como pano de fondo.
Esta obra foi finalista do XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.