Sinopse
Quique na aldea supón unha nova revisión do mundo que tan ben coñecía e con tanta mestría plamosu o autor ao longo de toda a súa vida. Mais desde aquel Balbino que marcou a toda unha xeración ata este Quique pasaron moitos anos, e moitas cousas cambiaron, entre elas o éxodo inexorable das aldeas galegas. Quique non é un neno labrego mais tampouco é de cidade. Vive nunha pequena vila de costas a esa aldea na que permanecen os seus avós e que coñecerá, grazas a eles, nas vacacións, nas que o protagonista e o propio autor, aproveitarán para enaltecer as vitudes do rural galego, desde a natureza ata o can de palleiro, os xogos tradicionais, a pesca ou as feiras populares. Un novo canto á vida da aldea que tanto e tan ben reivindicou Xosé Neira Vilas durante toda a súa vida.