Sinopse
Dos cento setenta artigos que contén a Lei de Dereito Civil de Galicia, setenta regulan institucións de carácter familiar e sucesorio, este dato da idea da importancia que nas relacións sociais e económicas de Galicia teñen os asuntos relativos ás herencias, e ás transmisións patrimoniais. Neste libro, do que é autor o Notario Victorino Gutiérrez Aller, afóndase na actual lexislación para aportar luz esclarecedora na letra da lei. Experto en Dereito sucesorio galego, Victorino Gutiérez Aller ten destacado polo seu traballo en favor de que os galegos e galegas nos dotemos dun Dereito Civil propio