Racionalismo Político E Literario: Conciliar As Ciencias E As Humanidades

Autor
María Xosé Queizán
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497821179
Idioma
Gallego
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
Colección
Ensaio
12,15€

Neste volume ensaístico a autora pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción de que a literatura, como a ciencia, empeza no mundo real e ambas as dúas proxectan a presenza humana a todo o universo. Catro ensaios onde se defende a concepción da literatura como un traballo racional, unha actividade pensante relacionada coa realidade e coa verdade. Textos nos que se analiza o tránsito das ciencias ás artes para recuperar os principios da Ilustración (a verdadeira revolución das palabras) presentes no feminismo racionalista. Recuperar a escrita como unha forma de resistencia cultural, buscar o compromiso literario asumindo a condición humana, desmitificar a escrita comedida e conformista, propóñense como estratexia para reintroducir o discurso racional no ámbito literario e político