Re-encontros musicais : homenaxe aos músicos xubilados

Autor
Judith Rey Iglesias/Carlos Cabaleiro López/CARLOS CABALEIRO LÓPEZ
Editorial
Edicións Fervenza
ISBN
9788418136184
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
136
Formato
Rústica
Colección
Rustica
20,00€

O libro "Re-encontros musicais" é unha compilación de entrevistas, anecdotario e contido fotográfico, que pretende ofrecer un percorrido biográfico, en orde cronolóxica segundo a súa data de nacemento, dos profesores xubilados da BMSC entre os anos 1993 e 2021. Trátase dunha narración das súas vivencias, experiencias, carencias, familias...en definitiva, das súas vidas como músicos profesionais da Banda Municipal nunha época histórica complicada.

Os autores do libro son dous profesores músicos da BMSC: Judith Rey Iglesias e Carlos Cabaleiro López, que levaron a cabo a rigorosa tarefa de dar a voz á historia da institución a través dos músicos Jesús Constenla Gómez, Manuel Curros Brey, Olimpio Carreira Rodríguez, Manuel Brea Lamas, Emilio Brun Pena, Manuel Requeijo Porto, Luis Castromil Veiras, Ricardo Fernández Pereira, Fernando Gontad Losada, Enrique Melio Rey, Cesáreo Pombo Cabanas, Rafael Arosa Souto, Guillermo Pérez Barredo, Daniel Sánchez Barrán, Albino Castro Martínez, Serafín Castro Martínez, e por suposto, o Mestre Amador Santos Bartolomé.