Sinopse
O argumento desta novela céntrase na amizade entre dous mozos de dezaseis anos. Hans é fillo dun médico xudeo e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis vellas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos. Pero cando Hitler chega ó poder, Konradin entra no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña.
Esta novela foi publicada por vez primeira en 1971.