Sinopse
"Libros de rendas. Cada algarismo, unha tulla de centeo. Antigas clasificacións de caseiros que transmiten a súa subordinación de pais a fillos, como a cor dos ollos ou a angostura do peito. Algúns inquiétanse, deixan un rastro de protesta, reclaman promesas ou caen como feras sobre anacos de terra esquecidos polos centos de multiplicacións desde a primitiva partilla