Sinopse
Este libro reúne os relatos completos de Camilo Gonsar, autor dunha das obras narrativas máis singulares das escritas en Galicia desde a década de 1960.
Entre Lonxe de nós e dentro, publicado en 1961, e Arredor do non, de 1995, o seu mundo ficcional afírmase e expándese. O tradicional pode ser moderno e o autóctono semellar alleo, vida urbana e vida rural non se opoñen, narración e pensamento fúndense para penetraren no lector con esa humilde capacidade de suxestión que só os grandes escritores posúen