“Decidín recompilar este conxunto de relatos porque meu avó, contábame moitos cando o visitaba a el e a miña avoa, que era case a diario. Así que pensei que era una pena que se perderan. A miña intención sempre foi publicar un libro, pero no caso de que non fose posible, poder gardar esas historias para contarllas ós meus futuros fillos.
As anécdotas recollidas sucederon nun contexto moi diferente ó actual. Un país moi distinto, onde o machismo, o maltrato animal, e outras cousas que agora nos indignan, estaban normalizadas. Agardo que desfrutedes lendo estas historias tanto como o fixen eu escoitándoas”.