Sinopse
Poderíase dicir que este é un libro de amor (que o é), ou un libro de amizade (que o é). Quizais se trate tamén, aínda que soe menos fino, dun libro de viño e mulleres. No fondo, estas páxinas convidan, xa desde o título, ao cultivo do único triángulo sentimental posible (e inocuo): viño, amizade, amor. Xosé Manuel G. Trigo xuntou algúns viños e historias merecentes de memoria. Cómpre saborealo con calma e a temperatura ambiente