Risco Segundo Risco

Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498655124
Idioma
Gallego
Nº de páginas
124
Formato
Rústica
Colección
Memoria
15,50€

En realidade, o intercambio de puntos de vista e valoracións do universo risquiano ocupou permanentemente os anos da fonda amizade entre Antón Risco e Arturo Lezcano, contertulio e admirador de Vicente Risco. Cando este último concibiu a idea do libro, artellou un resumo das longas e constantes conversas, artigos e outros traballos xornalísticos e literarios, e pasoulle as preguntas finais ao seu interlocutor, que trouxo as respostas escritas desde o Canadá, e daquela procederon a lle dar forma definitiva. Nunca mediou a gravadora. Soamente, ao final, Antón Rixco e Arturo Lezcano sentaron nunha cafetería de Compostela e deixaron rematado este texto. O resultado é un libro no que aparece un Risco (Vicente) visto por outro Risco (Antón): non tanto un libro no que un fillo fala do seu pai como un texto no que un escritor trata de interpretar a outro escritor desde unha perspectiva privilexiada.