Romances Populares Gallegos

Autor
Alfonso Hervella Courel/X.R. Mariño Ferro/Bernardez C.L.(Edición)
Editorial
Edicions Nigra Trea, S.L.
ISBN
9788415078234
Idioma
Español
Publicado
2021
Nº de páginas
189
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
10,00€

Alfonso Hervella Courel naceu o 6 de outubro de 1886 en Viana do Bolo. Realizou os estudos primarios na súa vila natal e en Zamora, e os de bacharelato no mosteiro de El Escorial cos padres agostiños. Fixo dereito en Deusto. Aprobou as oposición de notarías co número dous na Coruña no ano 1912, tendo como primeiro destino Padrón. Logo pasou a Monforte de Lemos e, no ano 1927, foi nomeado notario de Medina del Campo, praza que ocupou ata o ano 1940, no que se trasladou a Palencia. Nesta cidade faleceu o 3 de decembro de 1949. Alfonso Hervella combinou o seu labor de xurista coa investigación en temas históricos e literarios. En 1911 publicou en Ourense El libro de los portentos, que inclúe poemas de carácter relixioso, romances e exempla. En xullo de 1909 presentou á Exposición Regional Gallega unha colección de romances de máis dun centenar de textos, que Diego Catalán cualifica de espléndida. Este estudoso do romanceiro di da obra de Hervella que «por primeira vez un colector galego acometera, con entusiasmo e resultados magníficos, o estudio de acervo romancístico dunha bisbarra». A maioría dos textos pertencen ao máis xenuíno romanceiro tradicional, segundo Ana Valenciano, que considera o traballo de Hervella «como unha das contribucións máis importantes ao estudio do Romanceiro». O autor subliña que todas as versións do seu romanceiro son copias fieis das narracións orais, sen amaños e sen retoques.