Romasanta. Memorias Incertas Do Home Lobo

Autor
Alfredo Conde
Editorial
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478244393
Idioma
Nº de páginas
158
Formato
Rústica
Colección
Medusa
12,50€

Sinopse O autor presenta as memorias apócrifas de Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie galego indultado pola raíña Isabel II de Borbón logo dun complicado proceso iniciado en Allariz no ano 1853, proceso no que desempeñaron un importante papel os medios de comunicación da época que, a través dunha campaña de prensa de repercusións internacionais, trataron de convencer á opinión pública da condición de licántropo do inculpado. A partir de entón, a figura do chamado Home Lobo de Allariz ten sido amplamente tratada na literatura e no cine. As xentes do común bautizaron no seu día a Romasanta como o Sacaúntos, o Home do Saco e mesmo o Sacamanteigas, pero nunca se referiron a el como o Home Lobo. Foron os crentes nas supercherías científicas daquel tempo os que lle deron creto á hipótese do licántropo. A realidade parece ser que foi moi diferente, tal como se amosa nesta novela