Sinopse Relato histórico dunha das facetas da experiencia colectiva dos galegos. Este libro incorpora, dun xeito novidoso, a tradición enogastronómica e literaria conxugándoa coa sensibilidade popular e a memoria viva da cultura do viño en Galicia. Como achegamento á historia cultural do viño en Galicia, A rosa do viño é un traballo de investigación histórica que emprega fontes en boa parte inéditas. Relata con rigor unha faceta relevante da experiencia colectiva dos galegos para constatar a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre de beber. E analiza o tránsito da bebida comunitaria a unha concepción individualista do xeito de beber.