Sinopse
Rufus era un morcego. Durante o día, penduraba do teito da súa cova e durmía.
Polas noites, saía da cova e ía de caza.
Unha noite, viu un cinema ao ar libre onde botaban un filme.
Era a primeira vez que Rufus vía cores brillantes...
Canso da noite e da súa escura vestimenta, este morcego decidiu pintarse de cores e voar de día, mais... non foi unha boa idea tan boa!