Esta obra recibiu no 2012 o IX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez. Edición corrixida e aumentada
Uns poucos días nunha plácida casa rural abondan para descubrir un misterio que Olalla e os seus colegas tratarán de descifrar.
Baixo os muros dunha vella ferrería un monxe alquimista busca a eterna quimera procurada desde a orixe dos tempos.
Presente e pasado van da man nesta historia. Ou son, se cadra, a mesma cousa?
Atopará Olalla a solución ao enigma? E, sobre todo, acadaría o monxe o éxito desexado?