Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. Henrique del Bosque, autor de "Súbditos ou cidadáns?", reflexiona sobre as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas. O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.