Sinopse
Velaquí un libro de amador, como anuncia o propio autor. Un libro que bebe das mesmas fontes onde Cunqueiro encontrou a Sinbad. Un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores.
É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios e os rufiáns das tabernas, para que engaiolen as nenas en amores de príncipes encantados, e fagan soñar os rapaces aventureiros co que nunca viron... nin verán".