Porén, hai partes que continúan sendo invisibles ata que a ollada do fotógrafo se pousa nelas. Se as imaxes se completan con textos de quen tamén sabe ollar dende as palabras, daquela, xa todo queda á luz. Unha homenaxe literaria, fotográfica e artística sobre unha cidade eterna e que nunca, nunca, cansamos de mirar.