Schlumpf, Erwin: Homicidio

Autor
Friedrich Glauser/Tradución: Laureano Araujo
Editorial
Edicions Laiovento
ISBN
9788484876199
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,96€

O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular. Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos. Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da novela de detectives. En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente ?a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego?, e tamén ?o recurso ás notas a pé de páxina que axudan a contextualizar a obra?.