Os señores da mentira quítalle a máscara da suposta modernidade e renovación ao plan Bolonia. O señores da mentira retrata o descrédito da política e da democracia, sumidas nun proceso de cambio constante para que todo siga igual. Os señores da mentira descobre a aparencia da cultura galega que algúns políticos e intelectuais venden como "motor" da actividade económica. Os señores da mentira denuncia o baleiro intelectual no que nos movemos, o mesmo baleiro que enche as estanterías do branco de deseño da Cidade da Cultura...