Se O Socialismo Chegase : Retrospectivo 2000-1887

Autor
E. Bellamy
Editorial
Urco Editora
ISBN
9788493757236
Idioma
Gallego
Nº de páginas
202
Formato
Rústica
Colección
Urco ciencia ficción
15,95€

O mozo Julian West queda durmido en 1887 a causa dunha hipnose inducida. No canto de espertar ás poucas horas, ao abrir os ollos descobre que se acha no ano 2000 nunha América transformada, convertida nunha utopía socialista. O doutor Leete ensinaralle estes novos Estados Unidos e explicaralle cales foron as causas e procesos históricos que levaron o seu antigo mundo de finais do século XIX a abrazar o socialismo de estado, un futuro brillante e prometedor. Se o socialismo chegase: Retrospectio 2000-1887 é un dos fitos da literatura americana, e á súa vez un exercicio de anticipación histórica e política sen precedentes. Foi a terceira novela máis vendida no seu tempo, un auténtico best-seller, e a súa publicación arrastrou todo un movemento político detrás e puxo as bases do que máis tarde sería chamado o xénero utópico dentro da ficción científica.