Sinopse
A escritura como desprazamento. O libro non como obxectivo, como final, senón como espazo que se alonga alén das súas marxes. Secesión é o resultado dun proceso de pensamento sobre a escritura, sobre os lugares, nomes e espectros que axudan a vivir. Textos nos que o sentido se despraza para, ao tempo, desprazar a literatura, rachar as ancoraxes que a fixan aos discursos de dominación.
Chus Pato escribe para ferir, para traspasar a pel de quen le. Coma nun traballo de expulsión imparable, de separación, o texto xa non é de ninguén, é de si mesmo. Cambia, pérdese e permanece.