Segunda Convocatoria

Autor
Perozo
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497821162
Idioma
Gallego
Nº de páginas
136
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
16,65€

Sinopse Alberte, tras a morte do pai, pretende construír o argumento dun conto escrito sen zetas onde se falase do zeta… Xenaro, tras moitos anos de matrimonio, acaba de separarse e mastiga a súa soidade no café bar Azul observando pola ventá o mundo que se desborda. A aparición na Porta Faxeira de Salomé, un amor de mocidade que visita Compostela para participar nun congreso, lévaos a desennobelar o seu pasado e vivir intensamente esa noite de amor que deixaron pendente hai vinte e cinco anos… O amante de Irene sempre desexou ter unha aventura erótica cunha contorsionista chinesa, unha recreación onírica que o persegue dende a súa infancia…A silueta de Lidia impregnaba a inmensidade da tea coa que Damián pretendía inmortalizar o seu xogo diabólico de dominación sobre a súa amante e modelo. Argumentos que conforman o nov libro de relatos de Xosé Antonio Perozo, catorce historias de novas oportunidades e erros reversible, onde se mestura a maxia con acontecementos imprevistos. Un libro sensual, que avala entre o erotismo e a melancolía da perda, na procura da sorpresa e a reflexión sobre a trascendencia de cada lector