Seis Cordas E Un Corazón

Autor
Roque Morteiro
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497825849
Idioma
Gallego
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
17,00€

Sinopse Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano. O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll. A súa escrita visual e fluida, cercana ao cómic e o cine e as súas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun éxito inmediato. Seis cordas e un corazón ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e autor; soou coma un petardo ás portas da literatura galega para deixar que entrasen novos ventos, ventos frescos. O libro beneficiouse de aparecer no momento adecuado; cando a literatura galega se debatía en discusións interminabeis entre tradición e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazón deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu ás portas a unha nova temática e a un novo público que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa época