Seis Rostros Do Nacionalismo En Europa

Autor
J Ventura I Subirats
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484870951
Idioma
Gallego
Nº de páginas
230
Formato
Rústica
14,00€

Sinopse Se no que se refire á verdadeira comprensión da obra e o pensamento dos autores clásicos quedara demostrado dabondo que cumpría coñecermos o seu marco familiar e persoal máis inmediato, as influencias escolares, o ambiente local, con Seis rostros do nacionalismo en Europa Jordi Ventura dá un paso máis nesta dirección. O autor, con brevidade pero de xeito maxistral, fai unha análise biográfica e cultural comparada que nos aproxima á comprensión da complexidade das bases do nacionalismo, dos nacionalismos, a través desta espléndida e sorprendente selección de personaxes. Cada caso constitúe un parangón, como afirma na introducción, no sentido de caso exemplar. No entanto, colocados un a carón do outro, os matices e contradicións de cada pensamento, de cada personaxe, de cada nacionalismo en definitiva, quedan acentuados. A consecuencia inmediata é que se impón a reflexión e se esmiúzan os reduccionismos habituais con que se adoita abordar o estudo do nacionalismo. Este libro, sen ningún tipo de dúbida, esixe que sexa máis coñecido fóra deste país e se incorpore rapidamente ás bibliografías internacionais de estudo dos nacionalismos. Do prólogo de Salvador Cardús i Ros