A presente obra é unha mostra de agradecemento e de cariño ao Méndez Ferrín do Arrabaldo do Norte que, seguindo o ronsel de Murguía e dos que soñaron unha Galicia ceibe, empeña a súa vida na construción da nación; e tamén ao Méndez Ferrín, renovador constante da creación literaria, que desde moi novo anda á caza da "olorosa pantera", a procura dun galego radical e puro, descolonizado de castelanismos, que á vez sexa popular e útil para a comunicación da cultura moderna, un idioma válido para todos aos galegos e galegas e para todos os usos da lingua.