"Sementes viaxeiras" e o primeiro volume dunha triloxía sobre migracións, no que Yolanda Castaño mostra os distintos tipos de viaxes que percorren as sementes para espallar a súa descendencia. Polo aire, pegadas ás patas dalgún insecto, ás plumas dalgunha ave ou en dispositivos lixeiros e voandeiros que posúe a propia planta…; por terra, enganchadas ao calcetín dun neno ou suxeitas ao pelo dun animal; ou por mar, aboiando entre as ondas dunha illa a outra.