Sinopse
A língua galega está moi necesitada de estudos que, desde o compromiso co proceso normalizador, interpreten o fenómeno lingüístico, aliando o rigor epistemolóxico e metodolóxico coa defensa dunha prática restauradora, asi como coa sua imprescindíbel divulgación. Os estudos e artigos reunidos neste volume son un froito ben elocuente desta alianza: o estudo da situación e das necesidades da língua nun momento histórico crucial en que a restauración do idioma fica ben expresada no título deste libro.