Senectude

Autor
Italo Svevo
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866199
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
252
Formato
Rústica
Colección
Colección clásica
18,00€

# Emilio Brentani, oficinista e escritor, está condenado a vivir baixo o sufocante ambiente provinciano da cidade de Trieste. Quere consolidar a súa carreira literaria, pero cada día cédelle máis terreo a unha realidade dominada pola culpa e un moralismo hipócrita. Vive coa súa irmá Amalia, pero cando esta se namora dun amigo seu escultor, Emilio sofre unha culpa que non pode sandar, porque tamén el está obsesivamente namorado de Angelina. O máis importante desta sutil novela de Svevo ocorre sempre en secreto, entre as sombras, lonxe da consciencia. A senectude á que se refire o título é máis existencial que física. Para o protagonista, vivir é sufrir, e os momentos máis intensamente vividos da existencia son aqueles que remiten ó abandono, á traizón, á enfermidade e á contemplación da morte.