SENTADO DIANTE DA FIESTRA

Autor
Antonio García Teijeiro
Editorial
Editorial Elvira
ISBN
9788412738285
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
254
Formato
Rústica
Colección
Varios
Peso
545 gr
Dimensiones
14,8 x 22,5 cm
22,00€

Sentado diante da fiestra é un libro que recolle 50 artigos publicados no suplemento «Estela», do Faro de Vigo (2020?2024), e un máis dedicado ao Centenario do Real Club Celta de Vigo. Neste monllo de textos, Antonio García Teijeiro expón boa parte dunha vida a través duns artigos que nacen da reflexión sobre a sociedade e sobre as artes. Para o autor, o mundo dos libros, da lectura, do deporte, da lingua ou da música son fundamentais para comprender a súa obra literaria e o seu compromiso persoal nun mundo complexo e contraditorio. E, ademais, son unha aproximación moi clara ao seu pensamento tanto social coma cultural, en que artistas, músicos, escritores, cancións e literatura están presentes, sempre relacionados coa forma de ver certas realidades máis alá do que temos diante. Con este libro, tan subxectivo como comprometido, ábrense horizontes claros para que o lectorado se identifique coas palabras e poida percibir sensaciones que o fagan pensar. Magníficas as pinturas que acompañan aos artigos de Xulio García Rivas, e moi suxestivos o limiar e o epílogo de Manuel Bragado e Xabier Romero respectivamente, porque centran unha obra tan particular como universal.

destacados (65) , novedades (49)