Cheikh Fayé presenta na AC Alexandre Bóveda (Olmos 16, 1º A Coruña) o seu libro "Ser modou modou", os pensamentos e as vivencias dun senegalés que leva vivindo na nosa cidade máis de doce anos.
A visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Unha mirada limpa mais tamén crítica sobre o noso país e as súas xentes.