Servando vese reí ós quince anos e decide saír a descubrí lo mundo fóra dos muros do seu pazo. É á mañá cedo cando sae; a súa sombra é longa, séntese forte e grande, e imaxina que poderá conquista lo mundo enteiro. Pero cando chega o mediodía e a calor aperta, séntese canso de andar todo o día e nin sequera é quen de atopa-la súa sombra... Daquela tan só desexa que alguén o recolla e o leve de volta ó seu pazo.