O espectáculo Shakespeare en Roma nace como unha oportunidade oara unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica, a través da guerra, da violencia e da loita polo poder que guían o destino das personaxes. Shakespeare, na súa prolífica obra, achegouse en catro ocasións ao mundo clásico cos seus textos Tito Andrónico (1594), Xulio César (1599), Antonio e Cleopatra (1607) e Coriolano (1609). Catro pezas nas que o autor sitúa a acción no Imperio romano para, dende o seu tempo, reflexionar sobre o poder.