Silencio Percutido XXXI Premio Poesía Cidade De Ourense

Autor
Eva Veiga Baldo Ramos/Eva Veiga
Editorial
Espiral Maior Edicións Espiral Maior
ISBN
9788492646982
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
72
Formato
Rústica
Colección
Rustica
Peso
140 gr
14,00€

O XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense xa ten obra gañadora. Trátase de Silencio Percutido, escrito pola coruñesa Eva Veiga. O xurado chegou a esta conclusión tras unha ampla deliberación, dando conta dos corenta e seis exemplares presentados nesta edición. O xurado chegou a esa determinación por unanimidade, tras valorar a intensidade dun discurso lírico que incorpora, dentro dunha “poética do silencio”, matices de fonda reflexión e sensorialidade, mantendo en todo momento un exercicio de linguaxe e depuración expresiva. Nesta trixésima primeira edición participaron como xurado: Irene Veiga Durán, Miguel Anxo Fernán Vello, Edelmiro Vázquez Naval, Rochi Nóvoa e Xavier Rodríguez Baixeiras -como gañador da edición anterior-. A técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense Mónica Fernández Valencia, actuou como secretaria e o concelleiro de Cultura, Francisco González Bouzán, foi o presidente do xurado.