Sinopse A lectura desta novela admite dúas posibilidades: a convencional, das peripecias dos personaxes, da historia de amor recorrente, e outra lectura, máis pausada, na que as audicións musicais axudan a entender as sensacións que experimentan os protagonistas. Esta segunda opción obedece ao tema do relato, sobre música e músicos, sobre o impacto que teñen nas vidas dos protagonistas as variades partituras que acompañan os seus actos e que condicionan as súas psicoloxías á hora de apreixaren a realidade que os rodea. Por todo isto, recoméndase ao lector que se deteña, que faga unha pausa na lectura, que deixe o libro a un lado (coa marca da páxina asomando con nitidez) e que se dispoña a escoitar as pezas citadas en cada capítulo para deixarse empapar dese algo intanxible que as composicións expresan e que fan que sintamos máis fondamente. A audición servirá asemade de ambientación sonora das palabras e dos acontecementos.