Sinopse
Xulio Capelas, famoso cantautor, desaparece nas augas da Ría de Vigo despois de caer á mar dende a borda do seu iate "Sireno". Xulia Veiga, amante de Xulio Capelas, consegue comprometer ó Dr. Lázaro Evia na pescuda sobre a desaparición do seu amado.
Unha manchea de personaxes de toda caste danzan arredor dunha fogueira de intereses creados, paixóns, deslealdades, amores, xenreiras, inxenuidades... Todos eles tratados co agarimo propio de quen chegou a coñecelos persoalmente.