Un sinistro naufraxio trae a ledicia a unha vila do suroeste de Islandia, 6 mesmo tempo que cambia a vida do mozo Fridrik B. Fridjonsson, introducindo no seu destino a Abba, a misteriosa rapaza con sindrome de Down. Fridrik decide mudarse 6 humilde eirado que He deixaron seus pais na parroquia de Dalur.
Paralelamente a estes eventos, o desenvolvemento dunha cacen'a levara a trama a un nivel alegorico, abrindo un dialogo entre o cazador e o raposo, ou simplemente entre home e natureza, cuxo desenlace restituira a orde das cousas neste pequeno universo mi'tico.
O titulo de Skugga-Baldur remite 6 nome dunha voraz criatura da mitoloxia nacional, xerada dun gato e dunha raposa. Baixo o lema das Metamorfoses de Ovidio,"todo cambia, nada se destrue", Sjon fi'a unha historia inesperada onde o mito e o romanticismo cobran a forma dunha obra literaria de vangarda.