Sinopse
Aquí e acolá, víanse buratos no chan: negros, de fondura insondable. Ó principio, Plácido sorteábaos doadamente, pero según ía camiñando, os buratos eran máis mestos e mesmo parecía que se movían. Ata que chegou un momento en que xan non quedaba terra firme na que pisar: só unhas liñas de cuarta escase de ancho, esvaradías e reviradas, polas que Plácido avanzaba con pasos e ademáns funambulescos. Moi logo, as liñas foron estreitando, estreitando máis, ata que se volveron invisibles. A chaira convertírase nunha enorme lagoa seca, onde as árbores tristes aboiaban na auga negra que non existía. Plácido aínda foi quen de dar once pasos no baleiro, seguindo a mesma dirección que traía. Despois caeu. Viuse a si mesmo caendo, caendo, sen parar nunca de caer