Sinopse
Este libro ten un personaxe singular: a febre. A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.
Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), Miguel Anxo Murado vai presentando unha galería de historias sorprendentes, as veces oníricas, ás veces simbólicas e sempre presididas pola pantasma da febre. Na liña de Memoria de derribos, o autor volve explorar así o seu persoal universo imaxinario nun libro no que é a atmosfera a que "cose como un fío" as diferentes narracións coa historia principal