Soño De Infancia

Autor:
Moncho Rouco
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491211587
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
323
Formato
Rústica
17,00€

A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras," Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta ?última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía? accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta. «Velaquí unha proposta narrativa pouco frecuente coa que o seu autor, Moncho Rouco, aparece na literatura galega, novel e vizoso pero con ampla experiencia, para deixarnos un relato orixinal, divertido e reflexivo a un tempo. Sospeito que o seu Soño correrá o destino daqueles libros privilexiados que nos gusta compartir.»María Xosé Porteiro