Sinopse
Mónica Inés Varela Gestoso agasállanos con máis dunha trintena de poemas, de soños, nos que o propio título convida á lectura. "Ollos que soñan", "Soños de inverno", "Soños do Ceo", "Soños do mar"…, para rematar cun delicioso "Cantar para durmir", no que a autora convida docemente aos meniños a abrazar un sono reparador soñando co sol.
Soños de nenos foi galardoado co Premio Arume de Poesía.