Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra .
Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas , mozas e adultas , fiemos un tecido máis humano , máis respectuoso . Cada libro leva a achega ndun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios . De todos sacaremos algo , leremos sobre vidas , ficticias ou reais , e non nos deixarán indiferentes.
Soños no limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela , onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40 . A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende , a visión do masculino e o fiminimo , os soños e esperanzas arrolados polos contos de Sheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites .
Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites de hudud , vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita un mundo moi amplo como é o árabe desa época . Un relato cheo de tenrura , nostalxia , espectáculos , bailes , comidas , sabores , sons , porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade .