O libro Sobre O Mariscal, de Cabanillas e Vílar Ponte, da autoría de Emilio Xosé Ínsua López, explica documental mente a xénese, o contexto, o contido e a fortuna dunha das obras-mestras do teatro galego, investigando os antecedentes e as reviravoltas da súa confección, delimitando o grao de participación que cabe atribuír a cada un dos autores, explicando a oportunidade e funcionalidade da obra no panorama tea¬tral da época, reconstruíndo o seu atribulado proceso editorial e escénico, interpretando as claves ideolóxicas e estéticas que presenta e dando conta, por último, da recepción de que foi obxecto..